Presentación do informe de igualdade nos CEEIS
Presentación do informe de igualdade nos CEEIS
Presentación do informe de igualdade nos CEEIS
Presentación do informe de igualdade nos CEEIS

Cegasal presenta o primeiro  informe sobre a situación laboral das mulleres con discapacidade nos centros especiais de emprego

  • A menor presenza feminina evidencia unha importante fenda no acceso ao emprego protexido, incluso nos centros especiais de emprego. Se trata dunha tendencia que xa foi sinalada en informes nacionais como o do INE, que en 2022 apuntaba unha taxa de emprego do 26,9% para mulleres con discapacidade fronte ao 62,5% das mulleres sen discapacidade
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Cambre, 21 de xaneiro de 2025. A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (Cegasal) vén de presentar os resultados do primeiro informe "Muller, emprego e discapacidade", un estudo que ofrece unha radiografía detallada sobre as condicións laborais das mulleres con discapacidade nos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIs) de Galicia. Este informe destaca a importancia de promover a igualdade de oportunidades nun contexto laboral protexido e formula varias recomendacións clave para continuar avanzando cara unha inclusión efectiva.

O informe, elaborado a partir dunha ampla revisión documental e da realización de enquisas aos responsables das xerencias de 15 CEEIs asociados a Cegasal, abrangue sectores diversos como a agricultura, a industria manufactureira, os servizos e o comercio. Estes centros representan o 28% do total de CEEIs en Galicia, converténdose nunha mostra significativa para a extrapolación de resultados.

Principais resultados

Un dos datos máis salientables é que as mulleres con discapacidade representan só un 21% das persoas traballadoras nos CEEIs analizados, fronte ao 65% de homes con discapacidade. Esta porcentaxe varía segundo o sector:

Sector do transporte e almacenamento: 32% de mulleres con discapacidade.

Sector do comercio e reparación de vehículos: 15%, a cifra máis baixa.

A menor presenza feminina evidencia unha importante fenda no acceso ao emprego protexido, unha tendencia que xa foi sinalada en informes nacionais como o do INE, que en 2022 apuntaba unha taxa de emprego do 26,9% para mulleres con discapacidade fronte ao 62,5% das mulleres sen discapacidade.

Tipos de contratos e xornada laboral

O estudo analiza as condicións contractuais, evidenciando diferenzas significativas:

O 64% das mulleres con discapacidade traballa a xornada completa, mentres que o 36% o fai a tempo parcial.

O 69% das mulleres con discapacidade conta cun contrato indefinido, fronte ao 72% dos homes con discapacidade.

Estas cifras amosan  un lixeiro avance na estabilidade laboral grazas á aplicación de reformas lexislativas recentes que impulsaron a contratación indefinida, pero a temporalidade segue sendo un reto relevante.

Presenza feminina en postos de responsabilidade

O 67% dos CEEIs analizados conta cun home como responsable principal, fronte ao 33% que ten unha muller. Ademais, en moitos casos, a porcentaxe de mulleres en postos de dirección é inferior ao 25%, o que reflicte a necesidade de implementar medidas de promoción interna equitativa.

No eido salarial, o informe destaca que a fenda retributiva por sexo é de aproximadamente un 10,3%, cun salario medio anual de 20.193 euros para mulleres con discapacidade fronte aos 22.520 euros dos homes. Estes datos amosan diferenzas importantes que condicionan a calidade de vida e as posibilidades de desenvolvemento económico e persoal.

Barreiras de acceso ao emprego

As persoas responsables das xerencias sinalaron diversas barreiras que dificultan o acceso das mulleres con discapacidade ao mercado laboral:

Estruturais: O acceso ao transporte público foi identificado como un dos principais impedimentos.

Sociais: Os estereotipos de xénero e discapacidade seguen moi presentes e dificultan o desenvolvemento profesional.

Persoais: Destácase a falta de formación e a fenda dixital como factores limitantes.

Familiares: A sobreprotección e os modelos familiares tradicionais limitan a inserción laboral.

Recomendacións do informe

O informe subliña a importancia de reforzar as seguintes liñas de acción:

Elaboración e implantación de plans de igualdade en todos os CEEIs: O 47% dos centros da mostra carece deste plan.

Formación adaptada á discapacidade intelectual e rural: Proponse deseñar programas de formación presencial nos propios centros para promover a igualdade de acceso.

Medidas de conciliación: Fomentar medidas de conciliación negociadas e adaptadas ás necesidades reais das traballadoras.

Prevención de violencia de xénero: Ampliar as medidas de prevención secundaria e terciaria para crear contornas seguras e libres de violencia.

O informe encargado por Cegasal pon de manifesto que, malia algún progreso, persisten retos significativos para acadar a igualdade efectiva das mulleres con discapacidade nos CEEIs de Galicia. Cegasal reafirma o seu compromiso coa inclusión laboral plena e demanda un esforzo conxunto para derrubar as barreiras existentes e garantir un emprego digno, estable e inclusivo. A asociación faise eco da necesidade de reforzar as políticas de igualdade e promover accións que impulsen a equidade nun sector clave da economía social galega.

Intervencións do presidente e a vicepresidenta de Cegasal

Mino Martínez, presidente da Asociación, salientou a importancia de visibilizar as dificultades específicas que afrontan as mulleres con discapacidade no ámbito laboral. Subliñou que estas barreiras derivan da intersección de factores de xénero e discapacidade, e destacou que só identificando e poñendo o foco nestas problemáticas será posible traballar conxuntamente para superalas. Agradeceu a presenza e a colaboración dos asistentes, lembrando que é un deber social construír un futuro máis inclusivo e xusto.

Pola súa banda, Mayca Vidal, vicepresidenta de Cegasal, reflexionou sobre os retos que supón ser muller e ter discapacidade á hora de acceder ao mercado laboral, sinalando que estes factores representan unha dobre barreira. Presentou o informe como un documento pioneiro en Galicia que aborda a situación laboral das mulleres con discapacidade, destacando a súa relevancia para visibilizar desafíos e oportunidades. Agradeceu o traballo das autoras do informe e destacou a labor de Cegasal na promoción de emprego de calidade. Pechou a súa intervención agradecendo ao presidente e ás mulleres con discapacidade que loitan cada día por superar as barreiras existentes.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar